Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de mayo de 2020

BAIXAN DE NOVO AS DEFUNCIÓN EN GALICIA NO TOTAL DIARIO

A Consellería de Sanidade informa de tres novos falecementos por coronavirus: un home de 92 anos no CHUF ferrolán, unha muller de 95 no CHUO ourensán e un home de 69 no seu domicilio na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos. Todos con patoloxías previas. Sumando estas tres mortes a contabilizada esta mañán dun usuario na residencia A Nosa Señora da Esperanza (Ourense), son catro os decesos producidos no día de hoxe polo que volve a baixar de novo a cifra diaria tralo repunte de onte. O total de falecidos ata hoxe é de 585.

Así desde o pricipio da continxencia por COVID-19 notificáronse, 123 falecidos en hospitais da área sanitaria da Coruña, 93 na área de Ourense, 90 na área de Vigo, 78 na área de Santiago, 29 na área de Ferrol, 26 na de Lugo (unha das persoas, en atención domiciliaria), e 16 en hospitais da área de Pontevedra.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.