Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
11 de mayo de 2020
AS MORTES DESTE LUNS IGUALAN AS DO FINDE SEMANA
A morte dun home de 55 anos en Ourense elevou a 595 o número de vítimas mortais do coronavirus en Galicia (463 en atención hospitalaria e 132 no interior de centros xeriátricos), nunha xornada na que non se notificaron mortes en residencias de maiores, segundo os datos trasladados pola Consellería de Sanidade.
Ademais, as mesmas fontes confirmaron a morte doutro home de 69 anos de idade con coronavirus que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), e que padecía patoloxías previas. Con estas morte, o número de defuncións en atención hospitalaria elévase a 463: 123 na área sanitaria da Coruña, 97 na área de Ourense, 91 na área de Vigo, 80 na área de Santiago, 30 na área de Ferrol, 26 na de Lugo (dúas dos falecidos, en atención domiciliaria), e 16 en hospitais da área de Pontevedra.
Estas dúas mortes indican que sigue a mellora nos datos dos últimos días. desde o pasado día 6 faleceron en Galicia 4, 3, 3, 1, 1 e 2 persoas en cada un dos días.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.