Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de mayo de 2020

O HOSPITAL DO SALNÉS VOLVE ESTAR LIBRE DE ENFERMOS POR COVID-19

O número de casos activos a día de hoxe descendeu ata os 123, un descenso de 15 con respecto a onte luns (138).
Os datos oficiais deste martes da Consellería de Sanidade,  indican que o número de hospitalizacións descendeu nunha persoa. Proseguen hospitalizados 3 pacientes no Hospital de Montecelo e 1 máis no QuirónSalud Domínguez, ningún deles en UCI e xa non queda ninguén hospitalizado no Hospital do Salnés. O número de pacientes que evolucionan nos seus fogares é de 119.
Un total de 694 pacientes de Covid-19 foron dados de alta desde o inicio da alerta sanitaria. No día de onte foron 18 as persoas que se curaron.
Mantense tamén o número de falecidos en 16, un número que aparece inalterables desde hai case 2 semanas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.