O alumnado galego de 2º curso de Bacharelato e de 2º curso de ciclos Medio e Superior de Formación Profesional poderá volver ás aulas de xeito voluntario a partir do vindeiro 25 de maio. A decisión tomouse logo da Conferencia Sectorial de Educación, presidida hoxe pola ministra Isabel Celaá, e na que houbo un consenso maioritario en que unicamente se retomen as clases nos cursos superiores que titulan.
Segundo avanzou Celaá, as comunidades recibirán hoxe ou mañá recomendacións sanitarias para a reapertura parcial dos centros educativos e para o desenvolvemento das probas de acceso á Universidade (ABAU). Ademais, a ministra comprometeuse a enviar tamén nos vindeiros días o protocolo sanitario deseñado polo Goberno central para os centros educativos de Ceuta e Melilla, co obxectivo de que poida servirlles de referencia ás comunidades autónomas.
Nesa fase da desescalada tamén se poderán abrir os centros de educación especial e de educación infantil, neste último caso para aqueles menores de 6 anos cuxos pais teñan que regresar aos seus postos de traballo, aspecto moi criticado por sindicatos docentes e outros sectores da comunidade educativa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.