Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de mayo de 2020

ENQUISA SOBRE A UBICACIÓN DO MERCADILLO DOS MÉRCORES E SÁBADOS

Desde esta tarde (17:00 hrs) e ata o domingo, tedes no grupo de facebook Cambados Noticias unha enquisa sobre a ubicación do mercadillo de productos agroalimentarios dos mércores e sábados que se celegra en Cambados.
Como ben sabedes estas enquisas teñen pouco valor científico pero pode darnos unha idea do parecer dos cambadeses e non cambadeses que o visitaban regularmente ata antes do estado de alarma.
Como sabedes o Concello plantéxase o traslado do mercadillo ao entorno da Rúa Nova para ter un maior control de aforo e por seguridade. Noutro lado os vendedores ambulantes que opinan que na ubicación orixinal poderíase facer de igual modo.
Deixamos aquí as normas que estableceu a Xunta en canto a seguridade e control sanitario, aforo e medidas de hixiene.

A Xunta de Galicia permite desde o pasado 4 de maio que os mercados agroalimentarios volven funcionar grazas "ao avance temporal do estado de alarma e os datos que reflicten unha evolución positiva na loita contra a pandemia", ademais de que noutras comunidades autónomas xa se permite a súa celebración. Estas feiras son de competencia municipal e os concellos terán a última palabra sobre se levarán a cabo e toda a normativa recóllese na resolución publicada pola Consellería do Medio Rural coa meta principal de revitalizar esta actividade tan importante para o rural galego, xa que en moitos casos debido á dispersión de poboación e a existencia de pequenos núcleos de habitantes, os mercados son a principal vía de abastecemento. A volta destas feiras vén acompañada dunha estrita normativa debido á crise sanitaria do coronavirus, polo que nos mercados locais só se poderán vender produtos agroalimentarios e os postos deberán cumprir unhas normas específicas para que o desenvolvemento da actividade non supoña ningún risco para a saúde. Ademais, reducirase o aforo e o número de postos (deberase garantir unha limitación ao 25% dos postos habituais ou autorizados e unha afluencia inferior a un terzo do aforo habitual).

Á súa vez, si se poderá aumentar a superficie habilitada para o exercicio desta actividade. Os postos deberán atoparse separados por unha vía de tránsito e cunha distancia mínima entre eles de seis metros, permitíndose unha separación mínima de catro metros entre os laterais. A Consellería do Medio Rural recomenda unha disposición dos postos ao tresbolillo, é dicir, en forma de triángulo equilátero evitando que un punto de venda estea enfrontado a outro. Dentro dun mesmo posto as persoas vendedoras deberán gardar entre si unha distancia mínima de dous metros e restrinxirase o servizo a un operador no caso de que as medidas do posto non fagan posible esta separación física a parte de que tamén poderán exercer a venda os parentes en primeiro grao que colaboran na actividade agraria ou empregados da explotación.
As luvas desbotables son o máis recomendable pola Consellería aos responsables dos postos, que á súa vez deberán dispoñer deste material sanitario para a clientela xa que será imprescindible para tocar os produtos en venda. Tamén son aconsellables nas casetas os dispensadores de xel desinfectante tanto para vendedores como usuarios de acordo coas recomendacións das autoridades sanitarias. Con respecto á limpeza e recollida, os refugallos xerados polo mercado deberán ser depositados en bolsas dentro dos colectores instalados polos servizos municipais de limpeza e recollida de lixo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.