Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de mayo de 2020

732 ENFERMOS EN GALICIA, 28 EN PONTEVEDRA O SALNÉS

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 732 persoas, dezasete menos que na xornada anterior, das que 695 teñen seguimento domiciliario. A distribución por áreas sanitarias é a seguinte: A Coruña 167 pacientes, 41 na de Lugo, 75 en Ourense, 28 en Pontevedra, 266 en Vigo, 135 en Santiago e 20 en Ferrol.

Nas UCI hai ingresados 4 doentes, un máis ca o sábado e 33 permanecen en unidades de hospitalización. Nas últimas horas non se notificou ningún falecemento novo pola covid-19 polo que cifra total de mortos é de 616 persoas, das que 273 son de residencias de maiores ou con discapacidade. 132 delas faleceron neses centros e 141 en hospitais ou residencias integradas.

Xa son 9.958 as persoas que recibiron a alta hospitalaria en Galicia e as probas de PCR realizadas son 142.755.

Pontevedra-O Salnés
Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés hai hoxe 28 casos. Un menos que no día de onte.
Ademais, nesta área xa non hai ningún hospitalizado e todos os pacientes evolucionan nos seus domicilios.
Dende o inicio do plan de continxencia superaron o Covid-19 un total de 858 persoas. Un máis ca onte.
Faleceron nesta área 16persoas, 15 homes e unha muller. Catro deles da comarca do Salnés.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.