Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de abril de 2020

SUBE O NÚMERO DE ENFERMOS NA ÁREA PONTEVEDRA- O SALNÉS

Vai en aumento o número de casos positivos por COVID-19 na área sanitaria Pontevedra-Salnés. A pesares desto baixa o número de pacientes hospitalizados.
Os datos oficiais dados hoxe xoves desde a Consellería de Sanidade, reflicten que a área sanitaria rexistra un aumento de 15 casos respecto a onte, pasando de 520 a 535 pacientes activos de coronavirus. As hospitalizacións descenderon a 30 persoas, é decir 3 menos, con pacientes atendidos nos servizos de planta de Montecelo, 28, no Hospital do Salnés (1) e QuirónSalud Miguel Domínguez (1).
A cifra de hospitalizados na UCI é de 5 enfermos con coronavirus unha persoa menos que o día onte. Polo que hai  505 pacientes pasando a enfermidade nos seus fogares.
Desde o inicio da alerta sanitaria faleceron na área sanitaria 15 persoas e 153 altas, 4 máis prescritas durante a xornada de onte.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.