Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de abril de 2020

RÉCORD DE FALECEMENTOS EN GALICIA


Hai uns minutos o SERGAS actualizaba os datos de falecidos en Galicia polo COVID-19. Catro persoas máis non puideron superar o coronavirus, polo que a triste cifra de falecidos sobe a 186. Trátase de dous homes de 85 e 84 anos no coruñés Chuo, outro home de 84 no Hospital do Barco de Valdeorras e un de 83 que faleceu no vigués Álvaro Cunqueiro.

Na actualización de datos da tarde a Consellería de Sanidade informa da morte de outras seis persoas nas últimas horas, o que eleva a cifra de falecidos a 155. Trátase de dous homes ingresados no CHUAC, dúas mulleres no hospital do Barco de Valdeorras e outros dous homes que permanecían no CHUS. Súmanse así aos desta mañán. Todos contaban con patoloxías previas.


Na primeira entrega de datos da mañán sobre falecementos en Galicia o Sergas informaba da morte de once persoas máis que estaban diagnosticadas por coronavirus. Trátase de tres homes de 83, 67 e 88 anos ingresados no Chuac coruñés; tres mulleres de 88, 57 e 74 anos e dous home de 83 e 84 anos ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo; dúas mulleres de 91 e 76 anos ingresadas no CHUO e o CHUF, respectivamente; e un home ingresado no Clínico de Santiago.


Desta maneira, morreron 21 persoas no día de hoxe con coronavirus, a expensas dunha nova actualización que se podería producir antes de que remate o día.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.