Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de abril de 2020

OUTRO PACIENTE CAMBADÉS DADO DE ALTA

O mércores era dada de alta a muller do matrimonio de Oubiña, os primeiros positivos de Cambados, e no día de onte foi o seu home quen era tamén dado de alta. 

Na última actualización de datos, polo que respecta a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés rexistrou 32 novos casos positivos desde onte Do mércores ao xoves foran tan so 11. Nestes intres o total de pacientes é de 425. Os pacientes que que nestes momentos permanecen , no Hospital de Montecelo é de 82 (10 máis) e 13 no Hospital do Salnés (4 menos). Destes, un total de 19 (igual que onte) pacientes están na UCI e 311 gardan a corentena nos seus domicilios (26 máis que onte).
A boa noticia é que as altas médicas continúan aumentando. Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés prescribiron 39 altas dende o inicio da pandemia.  7 máis que o día anterior. Mantense o número de contaxiados mortos, 9.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.