Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de abril de 2020

OS DATOS DA ÁREA SANITARIA PONTEVEDRA-SALNÉS SEGUEN NUN RITMO POSITIVO

Segue a baixar o número de pacientes hospitalizados na área sanitaria de Pontevedra e o Salnés por coronavirus. E este mércores 8 de abril hai un total de 75 enfermos. A cifra supón, 41 ingresados menos que hai unha semana.

Segundo os datos facilitados esta mañá polo xerencia da área, este mércores hai un total de 75 ingresados entre os diferentes centros hospitalarios, 7 menos que onte.
O pasado 1 de abril, o número máis alto de hospitalizacións rexistrouse cando houbo 116 pacientes ingresados,  a partir de aí a situación foise estabilizando e diminuíndo día a día.
Dos 475 enfermos, 400 permanecen pasando a enfermidade nos seus domicilios.
Dos 75 hospitalizados, 60 encóntranse en planta e 15 na UCI. Ata o de agora houbo 10 falecidos nesta área sanitaria 9 en Pontevedra e un no Hospital do Salnés. O número de altas mantíñase onte en 66.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.