Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de abril de 2020

OS FALECIDOS EN GALICIA PASAN DOS 275

A morte doutras 13 persoas eleva a 278 o número de vítimas mortais do COVID en Galicia O falecemento doutras 6 persoas en hospitais e 7 máis en residencias de maiores de Galicia elevou a 278 o número de vítimas mortais do coronavirus na comunidade, 221 en hospitais e 57 en centros xeriátricos, segundo os datos trasladados este mércores pola Consellería de Sanidade. Segundo trasladou Sanidade, nas últimas horas morreron un home de 83 anos e unha muller de 91 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense; dous homes de 76 e 88 anos de idade no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; unha muller de 93 anos no centro HM Rosaleda de Santiago; e outra muller, de 80 anos de idade, no Hospital Comarcal de Valdeorras. Por outra banda, ao cómputo de falecidos con COVID-19 en residencias de maiores, que era de 50 persoas ata este martes, súmanse outras 7 mortes. Deste xeito, a cifra global ascende a 278 vítimas mortais.

Nas últimas horas, a Xunta de Galicia anunciou un cambio no sistema de comunicación das mortes por coronavirus. Ata o de agora, Sanidade notificou os falecementos que se producían nos hospitais de Galicia, mentres que Política Social daba conta, unha vez ao día, das mortes rexistradas nos centros de maiores (xa que os residentes que eran trasladados a hospitais, estaban incluídos no cómputo que facía público o Sergas). Desde agora, segundo trasladou o goberno autonómico, será a Consellería de Sanidade a que comunique o balance global (en hospitais e centros xeriátricos) de falecidos.


A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.460, deles 1.138 son da área da Coruña, 566 da de Lugo, 1.001 da de Ourense, 460 da de Pontevedra, 1.066 da área de Vigo, 911 da de Santiago, e 318 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 158 permanecen en UCI, 835 están en unidades de hospitalización e 4.467 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 800 altas de pacientes e 278 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 34.423.
O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 3,2% do total das persoas residentes.

Respecto das 8 persoas falecidas onte en centros residenciais, 5 foron na residencia DomusVi San Lázaro (Santiago), 1 na residencia de Bande (Bande, Ourense) e 2 na residencia Nuestra Señora de la Esperanza (Ourense).

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.


Cos últimos datos coñecidos de mortes rexistradas en hospitais, na área sanitaria da Coruña rexistráronse 64 falecidos en hospitais, na Vigo rexistráronse 44 mortes, en Ourense 42, notificáronse 29 na área de Santiago, 16 en Ferrol, outras 16 en Lugo e 10 falecidos na área de Pontevedra. A estas cifras súmanse os 57 mortos en residencias xeriátricas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.