Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de abril de 2020

SEGUEN MELLORANDO OS DATOS DE GALICIA

Lixeiro incremento de casos novos de 180 a 207 e do 2,92% de crecemento ao 3,48%. O número de positivos é case a metade que o mércores pasado (393).
Os contaxiados total de coronavirus en Galicia chegaron a 6538 tras 207 novos positivos rexistrados hoxe 8 de abril. Os novos casos de hoxe son superiores aos de onte martes (180 novos) e iguais aos do luns (207), e a porcentaxe de crecemento foi dun 3,26%, o segundo máis baixo ata o de agora, lixeiramente superior ao de onte (2,92%) e algo inferior ao do luns (3,48%). En comparación co pasado mércores 1 de abril (393 contaxiados), os positivos novos baixan a case á metade.
O Sergas tamén informa de seis novos falecementos por coronavirus en Galicia, todos eles anciáns con idades entre os 76 e os 93 anos: unha muller de 91 e un home de 83 no CHUO de Ourense; un home de 76 e outro de 88 no CHUAC coruñés; unha muller de 93 na Rosaleda, en Santiago; e unha muller de 80 no Hospital de Valdeorras ourensán.
No conxunto de España hai malas noticias, e é que o número de novos casos volveu a crecer por segundo día consecutivo. Xa son 146.690 casos tras 6180 infectados novos nas últimas horas. O número de falecementos alcanza os 14.555 en todo o territorio, subindo ata os 757 reportados hoxe (fronte a 743 de onte). Aínda así, hai un dato positivo, e é que son inferiores aos do mércores pasado, cando se reportaron 864 falecementos e 7899 novos contaxiados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.