Outros 9 falecidos no que vai de xornada segundo o rexistro do Sergas
Trátanse dun home e unha muller de 64 e 66 anos no CHUF de Ferrol; unha muller e un home de 84 e 94 no CHOU de Ourense; unha muller de 82 no Hospital do Barco de Valdeorras; un home e unha muller de 69 e 93 no CHUAC de Santiago; e un home de 78 no Álvaro Cunqueiro de Vigo, todos con patoloxías previas. Súmase un home de 90, no CHUAC, sen patoloxías de base. Todos, por tanto, persoas con idades comprendidas entre os 64 e 93 anos, e na súa inmensa maioría con problemas de saúde previos.
A estes nove falecementos hai que sumar os decesos en residencias dos que dá conta no seu último balance a Consellería de Política Social. Nas residencias da terceira idade faleceron outros cinco usuarios: un na residencia Remanso Claudina Somoza (A Coruña), dúas persoas na nosa Señora da Esperanza (Ourense) e outras dúas en Dosmuvi Barreiro, en Vigo. En total, hai 554 maiores infectados, ademais de 194 traballadores. En centros de discapacidade: 46 usuarios e 38 traballadores.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.