Galicia alcanza os 498 falecidos por Covid-19 tras informar o Sergas de tres novos decesos: un home de 84 anos que estaba ingresado no CHUO ourensán, unna muller de 96 en Rosaleda (Santiago) e un home de 83 no CHUAC coruñés; todos con patoloxías previas.
No balance matinal de Sanidade dábase conta do falecemento de 9 persoas en centros residenciais: catro na residencia Claudina-Somoza (A Coruña), unha en Portazgo (A Coruña), unha en Fundación José Otero (Santiago de Compostela), unha no centro residencial N.S. da Esperanza (Ourense), outra na residencia San José (Ourense) e a última no centro de maiores San Pedro (Crecente).
O Sergas informaba nesa actualización da mañán tamén de tres falecementos por coronavirus que elevaban o total a 495 neses momentos. Trátase dun home de 66 anos no CHUAC corunés e un home de 83 no CHUO ourensán, ambos con patoloxías previas, e unha muller de 88 anos, tamén no CHUO, pero no seu caso sen patoloxías de base.
En residencias faleceron 116 anciáns, mentres que 110 pereceron en hospitais ou nas denominadas residencias integradas. en total, a cifra ascende 226 usuarios de centros da terceira idade falecidos pola pandemia.
Por áreas, houbo 110 mortes na área sanitaria da Coruña, 74 na área de Vigo, 75 na área sanitaria de Ourense, 60 mortes na área sanitaria de Santiago, 23 na área de Ferrol, 25 na área de Lugo e 15 na área sanitaria de Pontevedra.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.