Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de abril de 2020

VAI DECRECENDO O NÚMERO DE CONTAXIADOS DIARIOS

Tan só 93 persoas confirmáronse como novos positivos na Comunidade, segundo os datos da Consellería de Sanidade ofrecidos este martes. Así, a cifra é de 5.435 casos activos. 688 persoas teñen o alta (+58) e as probas soben en máis de 2.100, ás 32.146.
Porcentualmente os casos só se elevan nun 1,74%, polo 3,2 por cento de onte e os 5,1 e 6,3 por cento da fin de semana. As persoas na UCI tamén baixan: de 168 a 162 (-6), así como as hospitalizadas, que son 910 (-39). Soben as persoas que viven a enfermidade desde casa: 4.363 (+128). A Coruña convértese na área con máis casos novos: supera a Vigo con 1.117 e 1.094 infectados, respectivamente. 999 están na de Ourense, 884 na de Santiago, 563 na de Lugo, 466 na de Pontevedra e 312 na de Ferrol. Doce persoas diagnosticadas con coronavirus faleceron nas últimas horas en Galicia. Oito delas morreron en residencias e catro en hospitais. A cifra chega xa a 258, destes, 50 producíronsse en residencias. Os falecidos en residencias de maiores concéntranse principalmente na DomusVi de San Lázaro, en Santiago, onde faleceron cinco usuarios. Outros dous decesos producíronse na DomusVi de Cangas, e un na Residencia A Esperanza de Ourense. En centros hospitalarios, os falecidos tiñan entre 78 e 98 anos e faleceron no vigués Povisa, no hospital de Monforte, no Cee e no coruñés Chuac.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.