Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de abril de 2020

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA DEU LUZ VERDE ÁS NOVAS MEDIDAS PARA PALIAR A CRISE DO COVID19

A Deputación de Pontevedra celebrou o seu primero pleno telemático que deu luz verde ás novas medidas para paliar a crise do Covid19.
A corporación gardou un minuto de silencio polas vítimas da pandemia e a presidenta fixo un recoñecemento expreso ao persoal sanitario "e a todas as persoas que desde os seus traballos nos están a coidar nesta crise".
O vicepresidente César Mosquera e o voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Jorge Cubela tamén se sumaron as palabras da presidenta Carmela Silva.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, comunicou hoxe á corporación provincial, no primeiro pleno telemático da súa historia, que convocará aos alcaldes e alcaldesas da provincia a fin de "avaliar cos concellos a situación que están a vivir e as consecuencias da crise sanitaria xerada polo Covid19". Silva confirmou que o vindeiro mércores, 29 de abril, manterá unha primeira reunión cos alcaldes e alcaldesas dos 52 concellos de menos de 20.000 habitantes, e que convocará un segundo encontro en próximos días co resto dos municipios.
Respecto ao pleno, a corporación aprobou todos os puntos da orde do día por unanimidade, entre eles  a nova medida que a Deputación destina a familias e empresas, o pago fraccionado dos tributos "case a carta", un novo servizo ao través do ORAL para facilitar o fraccionamento personalizado, sen xuros, do pago das cotas do IBI, o IAE e o IVTM, unha vez se domicilien os abonos. A medida beneficiará ás veciñas, veciños e empresas daqueles concellos que teñan delegadas na Deputación as competencias do pago e recadación tributaria. Amais, a institución tamén prestará o seu asesoramento aos concellos, na tramitación dos expedientes necesarios para a modificación das súas ordenanzas fiscais en relación coas medidas que decidan adoptar. Esta actuación de flexibilización sen xuros do pago enmárcase na batería de medidas, postas en marcha pola Deputación, como os anticipos aos concellos do Fondo Extraordinario de Liquidez, dotado con 21 millóns de euros. Cara á veciñanza reforzáronse os servizos de atención telefónica e telemática ao través da oficina virtual; prorrogouse o calendario fiscal e o período de pagamento voluntario; ampliáronse os prazos para pagos, notificacións, requirimentos, audiencias e recursos, e estableceuse sistema de identificación para a realización de trámites urxentes e inaprazables, a través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.depo.gal).
O pleno tamén aprobou a modificación das bases do Plan de Remodelación e Mellora da Seguridade dos Viarios Municipais (DepoRemse) pola que se prorroga o prazo para o remate das 31 obras previstas nos concellos, cun montante total de 11 millóns de euros, e que supón un dos maiores impulsos á obra pública na provincia. O acordo, que permite un respiro importante aos concellos, consiste nunha prórroga de 11 meses, polo que se amplía ata o 31 de maio de 2021. Ao mesmo tempo, o prazo de xustificación administrativa continuará a ser de catro meses dende o remate da obra, polo que pasa ao 30 de setembro de 2021. Deste xeito, a Deputación aposta polo máximo legal permitido en materia de subvencións ao obxecto de despexar incógnitas aos 31 concellos beneficiarios destas obras, con proxectos na súa maioría de mellora da seguridade viaria e humanización dos espazos públicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.