Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de abril de 2020

A CIFRA DE FALECIDOS HOXE EN GALICIA É A MÁIS BAIXA DESDE O 27 DE MARZO


Son xa 450 os falecidos por coronavirus en Galicia, 8 no día de hoxe. O Sergas informa na última actualización do día do falecemento doutras dúas persoas con coronavirus: un home de 79 anos en Povisa (Vigo) e outro de 94 no CHUS de Santiago, ambos con patoloxías previas. O total na Comunidade ascende a 450 falecidos por Covid-19. No día de hoxe a cifra é de 8 persoas mortas o mellor dato diario desde o pasado 27 de marzo.

Sanidade informaba na primeira actualización da morte de catro persoas con coronavirus. Unha muller de 71 anos ingresada no CHUF de Ferrol, un home de 67 e outro de 79 ingresados no CHUAC da Coruña e unha muller de 93 anos que permanecía no CHUVI de Vigo. Todos contaban con patoloxías previas. A cifra de falecidos situabase neses intres en 448 ao sumarlle outras dúas persoas mortas en residencias: en Moledo (Vigo) e en Barreiro, tamén na cidade olívica. Os decesos en residencias chegan a 98, mentres que outros 94 usuarios morreron en hospitais ou residencias integradas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.