Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de abril de 2020

DETIDO UN XOVEN DE VILANOVA POR CUSPIR A UN GUARDIA CIVIL CANDO ERA IDENTIFICADO

Detido un mozo de Vilanova de Arousa que cuspiu a un axente que o denunciou por non respectar o confinamento. Foi sorprendido cando circulaba cun patinete eléctrico en sentido contrario e obtivo positivo indiciario na proba de drogas. Segundo a Guardia Civil, os feitos sucederon sobre as 18,00 do venres, día 17, á altura do quilómetro 17,300 da PO-531, no termo municipal de Vilanova de Arousa, cando unha patrulla do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra sorprendeu a este mozo que circulaba en sentido contrario cun patinete eléctrico. Unha vez identificado fuxiu e cuspiulle na cara a uns dos axentes, no momento que estaba a ser notificado das infraccións que cometera, que constían en "non respectar o confinamento e circular en sentido contrario co patinete", así como polo "resultado positivo indiciario en drogas", sinalaron as mesmas fontes. Dúas horas máis tarde foi localizado no seu domicilio e procedeuse á súa detención como presunto autor de dous delitos de desobediencia grave á autoridade e axentes e contra a orde pública. O Grupo de Información e Análise de Tráfico ( GIAT) do Subsector de Tráfico de Pontevedra instruíu as dilixencias que, xunto co detido, foron entregadas no xulgado de Instrución de garda de Vilagarcía de Arousa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.