Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de abril de 2020

25 ALTAS E 8 FALECEMENTOS NO ÚLTIMO RECONTO

Cos datos facilitados hai uns minutos polo Ministerio de Sanidade (a partir de información fornecida desde o Sergas), as UCIs nos hospitais galegos seguen baleirándose de pacientes con coronavirus. Ás 21 h de onte só ocupábanas 73 enfermos, dez menos que o día anterior. Igualmente, as altas xa ascenden a 1.841, 25 máis que o luns. En total, na Comunidade galega foi necesario hospitalizar a 2.758 pacientes contaxiados por Covid-19, do total de 9.328 positivos que rexistrou de maneira global (contando positivos activos, falecidos e altas). 90 novos contaxios de coronavirus en Galicia fan un total de 9328 casos totais na comunidade desde o inicio da pandemia. Hoxe o novo dato non é tan baixo como os días anteriores (62 onte luns 27 e 60 o domingo 26, pero é considerablemente inferior ao reportado o mesmo día da semana pasada (169 casos o martes 21). Cos seus altos e baixos, a tendencia de crecemento en Galicia é claramente á baixa. Hoxe os casos novos só creceron un 0,97%, o cuarto menor porcentaxe ata a data.

No día de onte, aínda que se contabilizan sempre o día despois, morreron diagnosticados con coronavirus un ancián no centro DomusVi Matogrande, na Coruña, e outro no Nosa Señora da Esperanza, en Ourense.

No que respecta a mortes en hospitais, o Sergas informa do falecemento de seis persnoas que foron diagnosticadas por coronavirus. Trátase dunha muller de 87 anos que estaba ingresada no Chuac; unha muller de 62 anos que estaba ingresada no CHUS, dous homes de 87 e 82 anos que estaban ingresados en Povisa; unha muller de 82 anos que estaba ingresada no Álvaro Cunqueiro e unha muller de 63 anos que estaba ingresada no CHUO. «Todos tiñan patoloxías previas», abunda o Sergas. Con estes decesos, a cifra total de vítimas do coronavirus en Galicia sitúase en 546.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.