A Garda Civil detivo un veciño da Illa de 23 anos como presunto autor da agresión a outro veciño da localidade, de 34 anos, na madrugada do sábado na zona da praia do Bao.
Á espera de que a vítima poida confirmar se se tratou dunha agresión ou ben dunha caída fortuíta desde o alto do edificio de usos náuticos da Illa continúan as investigacións sobre o acontecido.
Foi outro veciño que paseaba polo lugar o que atopou o corpo da vítima ao bordo da hipotermia e con lesións graves por todo o corpo, despois de precipitarse desde o alto das instalacións deste edificio, onde aínda hoxe permanecía aparcado o coche da vítima.
A Garda Civil descarta o roubo como móbil da agresión, xa que horas despois unha mariscadora atopaba a carteira con cartos e as chaves nesta praia da Abilleira.
O detido permaneceu nas dependencias da Garda Civil de Sanxenxo antes de pasar a disposición xudicial no xulgados de Cambados, como presunto autor dun delito de homicidio en grao de tentativa. Finalmente o xuíz de Cambados que lle tomou a primeira declaración acúsao de tentativa de homicidio.
A vítima que presenta fractura dun brazo, fémur, pelve e unha costela con afectación do pulmón permanece ingresado en estado grave na UCI do hospital Montecelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.