Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

19 de marzo de 2020

O EXÉRCITO "INVADE" VILAGARCÍA

O exército está "invadindo" cidades galegas e unha delas é Vilagarcía. Segundo parece unha doutora e duas enfermeiras do Ambulatorio de San Roque poderían estar contaxiadas co COVID-19, polo que os soldados estarían a traballar na zona para desinfectar i evitar máis contaxios.
O mesmo sucede en Santiago donde parece que a cidade está tomada polo Exército.As imaxes reflicten a situación que se vive na capital galega e tamén o resto das capitais galegas.



 Desde o o martes un total de 1.820 militares da Unidade Militar de Emerxencias ( UME), o Exército de Terra e a Infantería de Mariña están despregados en 28 cidades españolas -entre elas Vigo, A Coruña e Pontevedra- para colaborar nas tarefas de prevención de propagación do coronavirus. Cada día aumenta o número de cidades nas que fai acto da sua presencia o Exército.
En Santiago, por exemplo, os militares, que se destacaron pola súa participación nas misións en Afganistán e Iraq, actuarán de forma conxunta coa Policía Nacional para redobrar a vixilancia en puntos estratéxicos da cidade, como son a praza do Obradoiro e a zona monumental, o aeroporto de Lavacolla,os hospitais e os polígonos do Tambre e Costa Vella. O xefe de Estado Maior da Defensa ( JEMAD), o xeneral Miguel Ángel Villarroya, ofreceu esta actualización dos datos na rolda de prensa conxunta ofrecida no Palacio da Moncloa tras a reunión do Comité de Xestión Técnica do Coronavirus. En concreto, detallou que os militares percorren xa as rúas de Segovia, Toledo, Ávila, Aranxuez (Madrid), Granada, Mérida, Xerez, Alacante, Castelló, Santander, Araca (Vitoria), Oviedo, Pontevedra, Madrid, Málaga, Valladolid, Zaragoza, Sevilla, A Coruña, Valencia e Palma, (Vitoria), Oviedo, Pontevedra, Madrid, Málaga, Valladolid, Zaragoza, Sevilla, A Coruña, Valencia e Palma.


























No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.