O Concello de Cambados presentou esta mañá as actividades organizadas para o Entroido, do 21 ao 26 de febreiro, no que se distribuirán máis de 7.500 euros en premios. Os festexos comezarán o venres 21 coa parodia do concurso “A Túa cara sóame” dende as 22:30 na Praza de Alfredo Brañas.
O sábado pola tarde haberá actividades e obradoiros para nenos no parque de Torrado e xa o domingo será o día grande co Desfile de Carrozas que sairán ás 17 horas da Escalinata de San Tomé ata a Praza de Fefiñáns.
O luns 24 será o baile infantil organizado en colaboración coa Cofradía de Pescadores San Antonio, a partir das 17 horas no Salón Peña.
O martes 25 terá lugar o Gran Concurso de Disfraces e de Comparsas dende ás 17 horas na Praza de Alfredo Brañas. O concurso de Comparsas, terán que realizarse no Auditorio da Xuventude en caso de choiva.
Xa para rematar, o mércores de cinza os cambadeses enterrarán ás longas esperas na Sanidade Pública. Os alumnos do Obradoiro de Emprego imitarán estar nunha sala de agarda durante o percorrido que sairá ás 19 horas dende o Concello ata a Praia de San Tomé onde se ofrecerá a homilía a cargo do Frade Goio.
A programación do Entroido foi presentada na mañá de onte polo edil de cultura, Tino Cordal, acompañado do concelleiro de economía, Xurxo Charlín, e da directora do Obradoiro de Emprego, Bea Esteban.
PROGRAMA COMPLETO
VENRES DE ENTROIDO
PROGRAMA COMPLETO
VENRES DE ENTROIDO
A TÚA CARA SÓAME
22.30 h.
Na Praza de Alfredo Brañas A túa cara
sóame, espectáculo musical imitando
o programa “Tu cara me suena” onde
haberá actuacións con música en directo. Anímase a toda a xente a que
veña disfrazada de cantantes ou grupos musicais.
Haberá premios para as mellores actuacións.
SÁBADO DE ENTROIDO
17.00-20.00 h. No Parque de Torrado animación infantil da man de Nordelaina Xestión Sociocultural con: - Baile de disfraces - Obradoiro de antifaces - Pintacaras - Merenda de entroido con chocolatada e doces. e a Escola Obradoiro de Emprego de Cambados emprende Xove con: - Obradoiro de manualidades - Xogos de destreza - Xogos predeportivos.
DOMINGO DE ENTROIDO
DESFILE DE CARROZAS 16.00 h. Na Escalinata de San Tomé, recepción das carrozas e maquetas inscritas que participen no desfile. 17.00 h. Comezo do desfile das carrozas acompañadas da música do Grupo de Batucada Olodum do Coio e a Charanga As de sempre + nós polas seguintes rúas: Escalinata de San Tomé – Avda. de Galicia – Praza do Concello – Avda. de Madrid – Praza de Fefiñáns. O desfile será retransmitido polo DJ Studio 21.
18.30 h. Entrega de premios e participacións do concurso, na Praza de Fefiñáns. Para a 3ª Clasificada: 400€, á 2ª clasificada: 500€ e á 1ª clasificada: 600€. Ademáis, farase constar a gratificación de 200€ ás carrozas e de 100€ ás maquetas pola súa participación. (Para máis información, consultar bases)
* En caso de choiva o desfile farase o martes 25 ou como última data o sábado 29 de febreiro no mesmo horario.
LUNS DE ENTROIDO
12.00-14.00 h. Obradoiro infantil de entroido diante do concello. 17.00 h. No Salón de Congresos e Exposicións J. Peña, Baile de Entroido Infantil. Premios para os mellores disfraces individuais de 50€, parella 100€, grupo de 150€. Ditos galardóns serán cambiables en establecementos comerciais asociados a Zona Centro. Organiza o Concello de Cambados coa colaboración da Confraría de Pescadores San Antonio e Zona Centro. (Para máis información, consultar bases).
MARTES DE ENTROIDO
GRAN CONCURSO DE DISFRACES XUVENÍS E ADULTOS E CONCURSO DE COMPARSAS
12.00-14.00 h. Obradoiro infantil de entroido diante do concello.
17.00 h. Na Praza Alfredo Brañas, Concurso de Disfraces nas categorías de xuvenil e adulto amenizado polos DJs Studio 21 con premios en vales de compra nos establecementos comerciais asociados a Zona Centro ao mellor disfrace individual de 100€, parella 150€ e grupo 200€.
18.30 h. Concurso de Comparsas con premios para as tres primeiras clasificadas: 1º premio de 400€, 2º premio de 300€ e 3º premio de 200€. Para o resto de participantes non premiados haberá unha gratificación de 100 €. (Para máis información, consultar as bases).
*En caso de choiva trasladarase ao Auditorio da Xuventude no mesmo horario.
MÉRCORES DE CINSA
ENTERRO DA SARDIÑA
18:00 h. Na Praza do Concello*, degustación de doces típicos do Entroido, grazas á colaboración da Asociación “Amas de Casa Albariño”.
19.00 h. Trala papatoria, terá lugar a homilía, antes do Enterro da Sardiña, que este ano contaremos coa presenza da Frade Goio, cos cánticos sacros das Charangas Os Jaláticos e As de sempre + nós e o Grupo de Batucada Olodum do Coio. Choróns e choronas quedades todos convidados formar parte deste sepelio que terá lugar na praia de San Tomé
BASES DOS CONCURSOS E CARTAZ
BASES CONCURSO CARROZAS ENTROIDO 2020

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.