Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de febrero de 2020

ALUMN@S DO COLEXIO DE CORVILLÓN VISITARON O CONCELLO


Alumnos e alumnas do CEIP de Corvillón visitaron no día de o pasado venres a casa do Concello de Cambados. O propósito de esta actividade foi coñecer de preto o funcionamento da política local, e observar o traballo que se leva a cabo día a día na casa do concello de Cambados, que é a administración pública máis próxima.
Os estudantes do CEIP de Corvillón, pasaron polas diferentes oficinas da Casa Consistorial ( dende Intervención, á Policía Local ou ao Rexistro) para rematar no despacho da alcaldesa Fátima Abal, onde os recibiu na compaña da concelleira de Deportes, Cruz Leiro.
Fátima Abal que, ademais da alcaldía, tamén é responsable de educación e mocidade, respondeu ás preguntas que lle formularon os estudantes, aos cales lles explicou o funcionamento das diferentes áreas do concello, como por exemplo, o Rexistro ou a Policía Local; ademais de aclararlles para que serven os pictogramas que hai nas portas de cada oficina.
O máis relevante foi,  o momento no que os estudantes lle fixeron a alcaldesa, as súas peticións para a mellora do seu colexio, apuntando o seguinte; un parque para os estudantes maiores, novas actividades,  e por suposto un comedor, ou ben un patio cuberto.
Por último, os estudantes recibiron de mans da alcaldesa, un pequeno agasallo que consistiu nun libro para colorear de Ramón Cabanillas, e un estoxo con ceras no seu interior, para que os nenos e as nenas poidan colorealo.
Fátima Abal, novamente volve a agradecer á dirección e aos docentes, a práctica de estas actividades escolares, que achegan ás administracións públicas  aos veciños e veciñas, facendo máis perceptible o traballo que realizan os funcionarios e os políticos, no seu día a día.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.