A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) os beneficiarios e as axudas concedidas en 2019 ao abeiro de tres convocatorias destinadas a fomentar a calidade alimentaria entre os consellos reguladores e as asociacións de produtores. En total, outorgáronse case catro millóns de euros a unha trintena de entidades. Moitas delas recibiron achega de máis dunha convocatoria.
En primeiro lugar, as axudas a agrupacións de produtores para a realización de actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada supuxeron un investimento superior aos tres millóns de euros e serven para apoiar actuacións como a mellora da comercialización, a organización de feiras e a asistencia a certames comerciais. En 2019 resultaron beneficiados un total de 25 consellos reguladores, asociacións e agrupacións de produtores que conseguiron axuda para un total de 74 accións.
No que se refire ás subvencións aos consellos reguladores das denominacións de calidade para sufragar os seus gastos de funcionamento, a Consellería do Medio Rural destinou 500.000 euros a un total de 24 beneficiarios.
Por último, canto ás achegas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominación de calidade agroalimentarias, repartíronse 300.000 euros a un total de 16 entidades.
A destacar o case 1.000.000 de euros, si MILLÓN, que recibe o Consello Regulador das Rías Baixas, que fan que sexa o consello regulador que máis cantidade percibe. A cantidade representa case unha cuarta parte da partida orzamentaria, é decir de cada catro euros o C.R.D.O Rías Baixas leva case un euro.
Enlace ás resolucións no DOG:
Actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200226/AnuncioG0528-170220-0003_gl.html
Actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200226/AnuncioG0528-170220-0003_gl.html
Gastos de funcionamento dos consellos reguladores das denominacións de calidade:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200226/AnuncioG0528-170220-0002_gl.html
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200226/AnuncioG0528-170220-0002_gl.html
Programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200226/AnuncioG0528-170220-0001_gl.html
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200226/AnuncioG0528-170220-0001_gl.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.