A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia convocou unha mobilización para o próximo 9 de febreiro en defensa da sanidade pública en Galicia para loitar contra os “recortes de recursos, desmantelamento de hospitais comarcais e abandono dos Centros de Atención Primaria” provocados pola “política sanitaria da Xunta de Galicia”.
Desta forma, acusa o executivo de Feijóo de “manipular e ocultar as listas de espera”, ademais de “ precarizar e explotar o persoal”, de “privatizar a sanidade” e de levala “a un punto de difícil retorno”.
A continuación vai o comunicado de SOS Sanidade Pública
A política sanitaria da Xunta de Galicia, presidida por Feijoo, baseada nos recortes de recursos, o desmantelamento de hospitais comarcais, o abandono dos Centros de Atención Primaria, a ocultación e manipulación das listas de espera, a precarización e explotación do persoal e a privatización, esta levando a sanidade pública a un punto de difícil retorno se non a paramos entre todas e todos.
As protestas da Atención Primaria, o levantamento da poboación de Verín contra o peche do paridorio do seu hospital, as protestas de nais e pais contra a falta de pediatras, son algunhas das manifestacións do malestar cidadán e profesional fronte a esta crise sanitaria.
Chegou o momento de concentrar os esforzos de toda a cidadanía e colectivos sociais e profesionais, por encima das lóxicas e lexítimas diferenzas, nunha gran manifestación de defensa da sanidade publica galega e contra o seu deterioro e privatización.
Por iso a Plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha gran manifestación na Alameda de Santiago que percorrerá as principais rúas da cidade ata a praza da Quintana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.