Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de enero de 2020

CAMBADOS PROXECTA UN AMBICIOSO PLAN DE DESENROLO URBANÍSTICO. NOVOS VIAIS, ZONAS VERDES E APARCAMENTOS


O Concello de Cambados quere poñer en marcha ao longo deste mandato un Plan de Desenrolo Urbanístico do municipio coa creación de novos viais e a habilitación de espazos para vivendas, zonas verdes e prazas de aparcamentos
Un plan "ambicioso e valente", que segundo os Concelleiros de Mobilidade e Urbanismo, Tino Cordal e Xurxo Charlín, é moi necesario para que Cambados medre.
Trataríase de tres unidades de xestión, Avenida A Pastora e rúa Pacheca, Entorno do Colexio de Santomé, Os Olmos e Instituto Asorey, e a Avenida do Salnés co entorno do bosque de Fefiñáns.
O proxecto inclúe ademáis dúas zonas de desenvolvemento rústico: O Cruceiro e o entorno do Colexio Magariños e A Pastora.
Para iniciar o proceso, o goberno local xa mantivo unha reunión cos veciños afectados e de principio a maioría estarían de acordo cos plantexamentos municipais.
Agora queda unha segunda xuntanza para concretar máis detalles e comezar a tramitación.
En total estás novas áreas de desenvolvemento suporían para o municipio un incremento de 94.000 metros de solo edificable, 33.000 metros de zonas verdes e 1.200 prazas de estacionamento.

Segundo Xurxo Charlín, "Con este Plan de Desenrolo o que se pretende é aumentar zonas verdes, aumentar zonas de equipamento para Concello de Cambados e aumentar tamén bolsas de estacionamento novos. Crear viais que melloren a accesibilidade dos vehículos ao centro de cambados e tamén a seguridade viaria no entorno dos dous colexios do casco urbano, no Antonio Magariños como no colexio de Santomé. O Concello cooperaríafacendo todos os trámites o avaliación ambiental e despois desenrolaría os plans especiais de cada unidade. Con todo ao fin o concello contaría con máis terreno urbanizable para poder desenrolar zonas edificables. Nunha segunda reunión cos veciños das distintas unidades de xestión de chegar a un acordo iniciar o sistema de cooperación o en caso de que haxa algún atranco por parte do propietario de algunha parcela valorar o mellor según cada caso". 

Trala oposición dos veciños desbotouse o desenvolvemento dunha unidade máis, a do barrio de San Tomé, a da antigua fábrica de Otero.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.