Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de enero de 2020

ESTE SÁBADO COÑECERANSE OS DEPORTISTAS CAMBADESES DO 2019


O sábado 18 de xaneiro ás 21:00 horas no Auditorio da Xuventude...non vos perdades a II GALA DO DEPORTE DE CAMBADOS onde se premiará e recoñecerá o gran mèrito do deporte cambadès.

O Concello de Cambados outorgará os Premios do Deporte para recoñecer o labor deportivo de persoas, organismos, clubes, institucións públicas e entidades privadas que contribuíron de forma notoria a engrandecer e ampliar a práctica deportiva da nosa localidade neste pasado 2019. Para elo celébrase a II Gala do Deporte de Cambados. A Gala consistirá en outorgar unha serie de premios entre os deportistas e persoas relacionadas co mundo do deporte de Cambados, cunha traxectoria deportiva relevante, tratando de resaltar a labor deportiva e o traballo realizado de todos e todas as que dalgún xeito fan do deporte o centro das súas vidas.
Trece son os premios ós que poden optar as persoas físicas, clubs deportivos e entidades do municipio que cumpran cos requisitos establecidos para cada un deles. As candidaturas para optar ós premios foron presentadas por entidades deportivas locais, clubes, asociacións ou cidadáns, así como a proposta do xurado. Esta convocatoria estará organizada pola Concellaría de Deportes do Concello de Cambados.
Os premios son os seguintes:
PREMIOS MELLOR DEPORTISTA MASCULINO/FEMENINO
PREMIOS MELLOR DEPORTISTA PROMESA MASCULINO/FEMENINO
PREMIO MELLOR DEPORTISTA VETERANO/VETERANA
PREMIO MELLOR ADESTRADOR/RA OU TÉCNICO/A
PREMIO MELLOR EQUIPO DE UNHA ENTIDADE
PREMIO MELLOR CLUB OU ENTIDADE DEPORTIVA
PREMIO Á MELLOR ESCOLA DEPORTIVA
PREMIO Ó PATROCINIO E COLABORACIÓN CO DEPORTE
PREMIO Á TRAXECTORIA DEPORTIVA
PREMIO Ó MELLOR EVENTO DO ANO
Polo momento non se divulgaron os candidatos, no momento que se sepan publicarémolos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.