Dous menores de 8 e 9 anos necesitaron asistencia médica como consecuencia dunha colisión por alcance entre dous turismos na rotonda de Vilariño. Sucedeu pasadas as dez da noite de onte cando un vehículo foi alcanzado por outro nun ceda ao paso. O impacto provocou lesións a dous menores que viaxaban no primeiro turismo.
Tras recibir o 112 Galicia a chamada de alerta, activouse un operativo que formaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil de Tráfico e membros do servizo local de Protección Civil.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.