Accidente en Vilagarcía esta mañá, unha persoa resultou ferida de consideración debido a un accidente rexistrado na Rúa Pablo Picasso. Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia despois de escoitar un forte golpe. Cando o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informou á Policía Local, os axentes xa tiñan coñecemento do suceso, ao igual que a Garda Civil de Tráfico, que comunicaba a existencia dunha ferido con lesións importantes.
O sinistro rexistrouse ás 7:30 horas desta mañá.
Na rotonda de entroque entre Pablo Picasso, a Avenida de Cambados e o vial do Porto (Vilagarcía) producíase un espectacular accidente. Un turismo sen control cruzaba recta a rotonda, chocaba contra o valo de protección peonil da beirarrúa, e acababa caendo sobre o aparcadoiro dun supermercado situado nesa contorna, onde chocou contra un farol e causou tamén danos a outro turismo alí estacionado. A pesar da espectacularidade do accidente e dos cuantiosos danos provocados,o condutor, un veciño da Illa de 25 anos de idade, saíu ileso: apenas presentaba algunhas mazaduras. Pero o accidente sairalle caro: a Garda Civil instrúe contra el dilixencias por un delito de desobediencia e outro contra a seguridade viaria.
A Garda Civil despregou varios controis de Tráfico polas estradas da comarca. Nun deles, moi próximo ao lugar dos feitos, deron o alto ao vehículo que finalmente acabou voando sobre o aparcadoiro do Eroski. Pero, en lugar de deterse, o condutor fixo caso omiso, pisou a fondo e non tardou moito en perder o control do vehículo. O rastro do accidente segue sendo ben visible no lugar: toda a zona quedou valada para evitar posibles sustos a quen por alí transitan.Obviamente, ao condutor practicáronselle as probas de alcol e de drogas, dando positivo en ambas as (aínda que no caso do test de drogas, o resultado só será firme cando o confirme o laboratorio). O home foi detido e posto en liberdade despois, e contra el tramítanse senllas denuncias por un delito de desobediencia e outro contra a seguridade viaria.
Imaxes Faro de Vigo e La Voz de Galicia

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.