Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de octubre de 2019

O "GRUPO NOVE" LEVA A SÚA COCIÑA A OPORTO NUN RESTAURANTE EFÍMERO


O restaurante efímero Nave Nove, froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Grupo Nove (22 cociñeiros, entre eles 2 cambadeses), abreu onte as súas portas na cidade de Oporto para promover a enogastronomía galega durante o outono. Desde onte e ata o vindeiro 17 de novembro, os cociñeiros do grupo realizarán as súas creacións neste establecemento temporal situado no Hotel Carrís Porto Ribeira.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto de preapertura dirixido a prensa estranxeira e portuguesa onde se recreou a esencia de Nove a través do menú degustación que se ofrecerá a todos os clientes e que está elaborado polos 22 chefs do grupo para exportar a alta cociña galega no mercado portugués e favorecer así a internacionalización da oferta enogastronómica galega.
Nave Nove ofrece servizo de ceas de martes a domingo cun único menú degustación que consta de nove pasos: un apetitivo, dous entrantes, dous pescados, dúas carnes e dúas sobremesas. Poderase optar por incluír un maridaxe de vinos.
O restaurante itinerante permitirá reunir nunha única iniciativa 22 chefs de prestixio que suman oito Estrelas Michelín e 20 Soles Repsol e funcionará como embaixador da gastronomía galega en Portugal.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.