Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de octubre de 2019

O PROXECTO DA CONFRARÍA DE CAMBADOS FINALISTA DOS PREMIOS ECONOMÍA AZUL



Preto de 7.000 votos da cidadanía axudaron a escoller os cinco proxectos sustentables dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) gañadores da segunda edición dos Premios Economía Azul. Os recoñecementos anunciáronse hoxe nunha gala celebrada na Cidade da Cultura. Tanto aos cinco proxectos gañadores como os dez finalistas e ao resto de iniciativas presentadas nos últimos anos recibiron os eloxios dos presentes.
Agradeceuse a aportación destes proxectos ás zonas costeiras de Galicia no marco do acto de entrega destes galardóns, celebrado na Cidade da Cultura e que contou coa participación dos representantes das confrarías de pescadores, unha representante da Rede Europea das Zonas de Pesca (Farnet), e as presidentas e presidentes dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) de Galicia.
As iniciativas que resultaron gañadoras destes premios foron no eido de apoio á pesca costeira artesanal, o proxecto Do mar á mesa: Depuración e punto de venda, do GALP A Mariña-Ortegal. No ámbito da creación de emprego, a iniciativa gañadora foi Albergue Estela do Mar, do GALP Ría de Vigo-A Guarda, e no de diversificación, o proxecto elixido foi Obras de Restauración do Dique da Cabana e a súa contorna, do GALP Golfo Ártabro Norte.
Mentres, no referente a innovación local, a iniciativa premiada foi a planta de produción de aceite de microalgas do GALP Costa da Morte. Neste apartado concurría o proxecto ‘Mellora económica e diversificación e innovación en produtos da pesca local para interese colectivo’. Confraría de Pescadores San Antonio de Cambados. Na categoría de economía circular -un galardón de nova creación nesta edición- o proxecto elixido foi Produción de mallas protectoras biodegradables para o cultivo de mexillón, do GALP Ría de Arousa. 
Durante o acto a conselleira do Mar agradeceu o labor dos grupos de acción local do sector pesqueiro, que se ten comprobado que son un instrumento útil para a xeración de emprego e de iniciativas innovadoras económicas e empresariais. “Son ferramentas de cohesión territorial que permiten mellorar a economía das súas comunidades e fixar a poboación nas contornas costeiras”, salientou Rosa Quintana.
Os premios Economía Azul teñen carácter bienal e están promovidos pola Consellería do Mar a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro. Con eles preténdese motivar a potenciais promotores a que presenten proxectos ao abeiro do GALP, dar visibilidade ao traballo dos GALP nas zonas pesqueiras e recoñecer os mellores proxectos aprobados no marco das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) dos GALP que contribuíron ao desenvolvemento sustentable das zonas pesqueiras.
A gala de entrega de premios estivo conducida polas actrices Marta Pérez e Diana Sieira de Inversa Teatro e, tralo acto de entrega de galardóns a todos os distinguidos polo seu traballo, contou cun peche musical a cargo de Davide Salvado.

Elección dos premiados

Os finalistas que optaban ao galardón foron seleccionados por unha comisión encargada de escoller tres proxectos por cada categoría entre as propostas presentadas polos GALP. Os criterios desta selección estiveron determinados polos beneficios que os proxectos son capaces de xerar para o sector pesqueiro; a súa contribución á creación de emprego nas zonas pesqueiras; o reforzo da identidade, a cultura e o patrimonio local da zona pesqueira; os elementos innovadores no contexto local; a creación de oportunidades para mulleres e mozas/os no sector pesqueiro ou marítimo; e a contribución a unha economía circular.
Ademais, para a elección dos proxectos gañadores, houbo unha votación pública entre os días 1 e 20 de outubro na que participou a cidadanía a través da web https://galp.xunta.gal/. Os galardóns non teñen dotación económica, pero supoñen un recoñecemento público para os proxectos destacados en cada unha das categorías.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.