O próximo martes, 5 de novembro, ás 19:30 no Pazo Torrado. coincidindo coa clausura da Exposición de Berta Cáccamo preséntase o libro sobre a súa obra.
Berta Cáccamo. Enteiramente pintado: rexistro dun percorrido vital é o título da primeira exposición que se lle dedica á artista galega logo da súa morte. Un ano e medio logo do seu pasamento a sala de exposicións EsPazo Torrado en Cambados abreu as portas, o pasado 27 de setembro, dunha selección de corenta cadros da artista canda a cadernos, debuxos e diferentes obxectos que repasan a súa traxectoria creativa. A exposición, que Cáccamo comprometera en vida, desenvolveuse grazas á colaboración do seu irmán, Xosé María Álvarez Cáccamo co comisario Juan de Nieves.
A súa morte intempestiva con apenas 54 anos sacudiu a pintura galega. Atrás quedou unha extensa, valorada obra, que partiu a mediados dos 80 de calidades matéricas para se adentrar na mancha, na intuición, na síntese.
“Berta Cáccamo representa unha figura bastante singular na pintura galega”, explicaba De Nieves a Sermos Galiza, “que se formou fóra e tivo uns referentes distintos aos dos seus coetáneos”. Nada en Vigo en 1963, Cáccamo estudou en Catalunya. Foi alí onde coñeceu a influencia que máis decisivamente marcou a súa primeira etapa: o informalismo de Antoni Tàpies. Incorpora ademais trazos expresionistas e segue o seu camiño.

40 cadros en Cambados
É esta pintura a que se expón en Berta Cáccamo. Enteiramente pintado: rexistros dun percorrido vital. Confórmana uns 40 cadros, cinco ou seis obxectos escultóricos e uns dez cadernos “importantísimos para coñecer o seu proceso creativo” e que inclúen debuxos e reflexións estéticas.
É esta pintura a que se expón en Berta Cáccamo. Enteiramente pintado: rexistros dun percorrido vital. Confórmana uns 40 cadros, cinco ou seis obxectos escultóricos e uns dez cadernos “importantísimos para coñecer o seu proceso creativo” e que inclúen debuxos e reflexións estéticas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.