Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de octubre de 2019

MULLERES DO SALNÉS COMEZAN DESDE HOXE ACCIÓNS FORMATIVAS DO PROGRAMA "CONECTADAS"


O programa da Deputación de Pontevedra  "Conectadas 2019" continúa poñendo en marcha accións formativas dirixidas a empoderar ás mulleres da provincia mediante a formación. Deste xeito, desde este martes 6.240 mulleres pertencentes a asociacións de 26 concellos pontevedreses comezan 51 cursos. En liñas xerais, a través desta iniciativa da institución provincial, está previsto que participen  6.240 mulleres de 25 concellos da provincia.

No concello de Cambados a Asociación de Mulleres Rurais A Seca de Corbillón haberá un taller de "Horta ecolóxica" que comezará o 3 de outubro e desenvolverase os xoves ata o 19 de decembro entre as 20:00 e as 23:00 horas.
En Sanxenxo a Asociación de Mulleres Rurais e Consumidoras Santa Catalina de Portonovo levará a cabo un taller de "Conservación de alimentos, conservas artesanais" que terá lugar os mércores dende mañá ata o 18 de decembro entre as 16:30 e as 19:30 horas.
O concello de Vilagarcía de Arousa contará cun obradoiro de "Conservación de alimentos, conservas artesanais" promovido pola Asociación de Mulleres Rurais de Fontecarmoa, desenvolverase os mércores dende mañá ata o 18 de decembro entre as 19:00 e as 22:00 horas.
Por último, o concello de Vilanova de Arousa contará cun  obradoiro de "Ioga" da man da Asociación de Mulleres Rurais As Aceñas de Baion que comezará mañá e rematará o 28 de novembro e terá lugar os luns e os mércores entre as 20:00 e as 22:00 horas. A Asociación de Mulleres Rurais Lolita Tigo de Vilanova achegará ao concello un taller de "Cociña e alimentación. Hábitos saudables" que se desenvolverá os mércores dende mañá ata o 18 de decembro entre as 19:30 e as 22:30 horas. O concello tamén acollerá dous cursos de "Pilates". O primeiro deles chegará da man da Asociación Mulleres Rurais O Mouriño e terá lugar os xoves dende o 3 de outubro ata o 27 de febreiro entre as 20:00 e as 21:30 horas. O segundo comezará o 4 de outubro e rematará o 3 de xaneiro desenvolvéndose os venres entre as 20:00 e as 22:00 horas grazas á Asociación Mulleres Rurais Amas Casa Citania Baion.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.