Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
30 de septiembre de 2019
MAÑÁN REABRE A PISCINA DE CAMBADOS
Desde O Concello de Cambados informan a todos os veciños e veciñas que, a partir de mañá día 1 de Outubro, reabre as súas portas a Piscina Municipal, un servizo que estivo parado ao longo destes meses, a consecuencia da reforma integral que se realizou neste edificio, conseguindo unhas instalacións acordes ao século XXI, máis bela, máis moderna e máis eficiente.
Aínda falta a substitución do mobiliario nos vestiarios que se acometerá en breve, pero tanto a alcaldesa Fátima Abal como o concelleiro de Obras e Servizos Samuel Lago, viron necesario a súa apertura unha vez que empezaron as clases os alumnos e termínase a tempada de verán.
Tamén queren agradecer a paciencia e o saber estar a Clubes, ANPAS, a todas ás Asociacións e a todas ás veciñas e veciños de Cambados que estiveron estes meses sen poder utilizar esta instalación, pero ámbolos dous están seguros de que valeu a pena esta espera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.