Catro persoas resultaron feridas de diversa consideración a causa dunha colisión múltiple na vía de alta capacidade que une Cambados con Vilagarcía.
Como consecuencia do impacto, dous feridos quedaron atrapados no interior dos coches implicados, polo que necesitaron da axuda dos bombeiros para abandonar os vehículos e ser atendidos polo equipo sanitario.

Pouco antes 8:30 horas de hoxe cando o 112 Galicia recibiu diversas chamadas de particulares que daban conta dunha colisión con tres vehículos implicados na VG-4.3, en Cambados. Igualmente, pedían asistencia médica urxente para dous feridos, que, ademais estaban atrapados. Deste xeito, desde o 112 Galicia, avisouse aos Bombeiros do Salnés para liberar ás persoas e facilitar a súa atención por parte do equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. De feito, as dúas persoas excarceradas foron evacuadas con lesións de diversas consideración, ao Hospital do Salnés.
O impacto deixou numerosos restos na calzada, polo que foi necesaria a participación do persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas, aínda que nestas tarefas tamén colaboraron os Bombeiros do Salnés, que aportaron máis auga para limpeza e recuperar as condicións de seguridade da calzada.
O actidente mantivo cortado o tráfico unhas horas. Tempo no que foi desviado pola estrada provincial PO 549 (Vilagarcía-Cambados). Pouco antes das 11 da mañá o tráfico xa quedou aberto na vía de alta capacidade.

Catro persoas feridas en Vilagarcía
Sobre as 19:00 hrs de onte, produciuse outro accidente no que colidiron dous coches na Avenida de Rosalía de Castro, en Vilagarcía. Como consecuencia do impacto, catro persoas, entre elas un bebé e a súa nai, foron evacuadas polos servizos sanitarios de urxencia ao centro hospitalario de referencia.

Así, desde 112 Galicia informábase do sucedido ao persoal sanitario, aos Bombeiros de Vilagarcía e a Policía Local da localidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.