Esta mañán a estrada PO-300, que une Cambados con Pontearnelas, a altura do Polígono do Salnés foi escenario dun novo accidente de circulación esta vez propiciado pola presenza dun xabaril na calzada. O animal irrompeu na calzada e foi arroiado por un turismo. Non houbo que lamentar danos persoais, aínda que si materiais, por mor da colisión entre o coche e o xabaril, que resultou morto. Así o confirma Protección Civil de Cambados, que a causa do suceso tivo que intervir para despexar a calzada. Na intervención colabora tamén a Guardia Civil de Tráfico.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.