Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de septiembre de 2019

A XUNTA MELLORA A ESTACIÓN DE AUTOBUSES SEN SERVIZOS


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, vén de adxudicar o contrato para executar as obras de conservación e mellora na estación de autobuses de Cambados
A intervención, adxudicada á empresa Construcciones Moncho Andrade S.L. por un investimento de case 30.000 euros, terá un prazo de execución dunhas sete semanas.
Os traballos de mantemento consistirán na substitución do falso teito da cuberta da dársena e na realización de melloras na accesibilidade da cafetería.
Tamén se levarán a cabo a instalación dun rótulo de sinalización de estación de autobuses e a colocación dunha pantalla informativa que facilitará os desprazamentos dos usuarios.
Estas obras están enmarcadas nun contrato máis amplo que o Goberno galego vén de adxudicar para efectuar actuacións de acondicionamento en varias terminais de autobuses da comunidade como Ferrol, Vilagarcía de Arousa, Lalín e Xinzo de Limia, cun orzamento autonómico de case 134.000 euros.
A Xunta, mediante estas accións, busca manter as instalacións en boas condicións para ofrecer aos usuarios uns servizos de calidade que fomenten o emprego do transporte público e respondan ás súas necesidades en materia de mobilidade.

Mentras se recortan o número de liñas de Cambados a outros puntos de Galicia e se aproba un Plan de Transporte deficitario con Cambados e os seus 14.000 habitantes.

O Plan de Transporte regular de Viaxeiros da Xunta deixa ao municipio á marxe das principais liñas, a pesar de contar con servizos importantes como os Xulgados e o Rexistro. O municipio queda apartado das poucas melloras deseñadas para a zona polo proxecto de explotación de servizos públicos de transporte regular de pasaxeiros por estrada que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade. Non hai, por exemplo, unha comunicación entre Cambados e Sanxenxo, a pesar de que os veciños deste municipio teñen que acudir á vila do albariño para realizar trámites xudiciais ou no seu Rexistro. Os cambadeses tamén pedimos a integración da súa estación de autobuses na nova liña que conectará O Grove e Sanxenxo co centro de Vigo, a Universidade e o aeroporto de Peinador.

Engadir tamén que esta é a segunda vez en pouco tempo que se acometen obras na estación cambadesa e que o que fan é gastar cartos no edificio pero non en dar servizos aos veciños.
Unha estación "fabulosa" morrendo de risa.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.