Hai moitas pantasmas encol a negociación que en teoría continúa esta tarde de martes en Cambados. Unha, e moi importante, é o fiasco de xullo que deixou feridas moi fondas entre algún dos negociadores, segundo admiten fontes de ámbolos sectores. Os mesmos actores (BNG, PSOE E SC) repiten de novo para tentar acadar unha saída e non seguer na senda da discordia.
En realidade, no sustrato colectivo dos veciños e veciñas é que están condenandos a entenderse, que uns e outros van de farol, e que no derradeiro minuto o BNG ofrecerá a coalición (é o que ten coma José Ramón Abal en 2.015 a “chave” para paliar unha lexislatura axitada e deixar de dar osíxeno ao Partido Popular despois da súa desfeita eleitoral), ou se continúan os ventos do Nordés …
O BNG o chama aplicar o principio da realidade. En xullo Víctor Caamaño e Manolo Domínguez foron os que máis forte apostaron por un goberno en coalición, asemade trala investidura de Fátima Abal coma Alcaldesa se soubo que o PSOE firmara un documento en branco para facela posíbel, de aí a lea actual … Xurxo e Tino insistiron unha e outra vez no seu resultado eleitoral obviando que en 2.015 deuse unha situación inversa consonte aos números que acadou o BNG e colleron agás a alcaldía, todo o que pediron e máis.
Todos sen exceición nas Redes Sociais (os seus “secundarios”, se sobreentende), voltan á carga cun axioma que quedou sen resolveren en xullo. Os de En Marea / Podemos lanzaron argumentos moi similares aos que empregan en público, insisitiron nunha idea: os negociadores do BNG estaban avisados de que se non suscribían un documento que nen sequera leron non habería outra oportunidade.
Pois SÍ, mudaron de parecer despois do fiasco absoluto, esperpento, e a oposición do BNG no derradeiro Pleno (imposible de esquecer, unha Alcaldesa que vota en contra do seu propio soldo, nunca vira algo semellante). Xurxo Charlín e Tino Cordal xa non insisten na idea unha vez e outra vez que isto non é táctica, non haberá coalición, e os dirixentes Socialistas namentras piden calma.
O BNG trata de facer mella na división que detecta dentro de Somos Cambados, do sector de En Marea e do sector de Podemos. Este último coloca a Manolo Domínguez, negociador do BNG, coma o obstáculo máis forte a superar, o máis férreo. Esta división de SC coméntanse a miúdo no PSOE, tanto que a Portavoz Fátima Abal tratou de “hurgar” na ferida para trasladar información ao BNG que non tería, seica.
A Asamblea de SC (os mandos) ocultou cuestións moi importantes das negociacións as súas Bases, para dar unha visión máis sesgada do acontecido. As negociacións continúan esta tarde por se non se arranxa este punto central: NÓS SOMOS TRES E VÓS SODES DOUS, e continuaren esta teima do principio de proporcionalidade, co que é moi complicado chegar a acordo algún (MADRID é máis do mesmo…).
As mensaxes cruzadas que se lanzan nas Redes Sociais non fai máis que quentar o lume e a fenda entre as formacións de esquerdas. O BNG rexeita o anterior plantexamento, que o exposto é unha estratexia de marketing político para gañar adeptos. En definitiva a falta de entendemento entre os tres partidos de esquerdas que gañaron as eleicións abona as críticas do PARTIDO POPULAR, unha vez CP permanece en estado de trance, sen asumir que non os queren ver formando goberno nen en pintura.
O Portavoz do PP Luís Aragunde define entre os seus fieis a situación de teatro, circo, namentras Cambados é o Relato dun Naúfrago (García Márquez), con media vila onda SE ALQUILA ou SE TRASPASA, rúas sen adecentar desde fai tres anos, onda se pregunta ao Concelleiro de Obras Samuel Lago por parte dos Operarios (disque), hai que actúar en tal sitio ¿ e non sabe nen o “callejero” do povo, os colexios paralizados, servizos de limpeza que non dan a basto e o Montoro de Cambados fala de que “ata que non se aprobe o Presuposto non se pode contratar” (fai dous anos que se pode, figura), cuns datos do PARO que ogallá estea nun erro ou se vai disparar a máis de 1.000 inscritos nas Oficinas do antigo INEM en canto chegue o mes de Outubro (éstes dirán que co PP eran 1.600, xa, en plena crise económica).
Eche o que hai … próximamente entrevista ao Voceiro do BNG Víctor Caamaño; non a publico polo momento para non poñer paus nas rodas nen polemizar, crispar, ante unha nova rolda de negociacións que comezará e rematará cando deixen o orgullo trala porta da casa, cousa complicada na actual clase política.
Un artigo de Óscar Manuel Núñez.-
Nota de Cores de Cambados:
Os propietarios do blog nin comparten nin suscriben o texto. Somentes publica como ven sendo tradición o sentir dos veciños e queren compartilo a traveso do noso blog.
Porque non suscribe o texto? Pois consideramos o texto máis opinión que información, debido as inexatidudes do mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.