Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de septiembre de 2019

A XUNTA VOLVE A MENTIR CO TEMA DAS OBRAS DO CABANILLAS


Unha vez máis a Xunta minte con temas relacionados con Cambados.

Esta mañán saltaba a noticia de que o concello de Cambados se demorara 4 meses en dar a licencia de obras para iniciar a reforma do Instituto Cabanillas.

A preguntas de FARO, a Xunta de Galicia desvelou onte que o  Concello de Cambados non lles deu licenza de obra ata o 5 de agosto pasado. 

Fátima Abal,  replica que non lle puideron conceder antes o permiso porque a Xunta non pagou as taxas.

O pasado 2 de agosto, a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar visitaba, acompañada de Samuel Lago, Concelleiro de Obras e Servizos e Cores Tourís delegado da Xunta en Pontevedra, o IES Ramón Cabanillas.

Cun investimento de 1.008.525,54 euros, a previsión era que os traballos quedasen executados este mesmo ano. Nese día a Consellería aínda non ten notificación do outorgamento da licenza municipal, que foi solicitado o 17 de abril, sin pagar as correspondentes tasas, (dous meses e medio antes de adxudicar as obras), polo que o curso das obras pode quedar comprometido como consecuencia desta demora por parte do Concello.

Despois desa visita súpose que a demora que non era tal posto que tardaron máis de tres meses desde a Xunta en subsanar unha serie de defectos no proxecto. A esto hai que engadir que a obra foi adxudicada á empresa encargada dos traballos nos primeiros días de xullo, polo que a Xunta outra vez volve a enganar a os cambadeses ao querer culpabilizar ao Concello de Cambados dos erros cometidos desde a administración autonómica.
Por último a propia Xunta xa pensaba en mediados de xullo para o comezo das obras como reflicte Faro de Vigo nun artigo do 10 de maio.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.