Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de septiembre de 2019

PLAN DE EMPLEO PARA A MOCIDADE E CURSO DE DESEÑO



 Información que podedes ampliar nos arquivos que se adxuntan.

 A Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial, dentro do proxecto Millennials, integra accións formativas para a mocidade.
            En Vilagarcía de Arousa. Deseño e prototipado en 3D.
Si tes entre 16 e 30 anos (ou a idade límite que no seu momento poida establecer o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil), estas en situación de desemprego e inscrit@s no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
·         Preferentemente da provincia de Pontevedra (en calquera caso sempre deben ser da Comunidade Autónoma de Galicia)
·         Superar o proceso de selección.
Máis información:       Correo-e: cooperacion@depo.es
                              Teléfono: 986 804 100, extensións 40652 e 40267
                             Inscricións: https://www.eoi.es/es/formacion-para-el-empleo-joven
          
Plan de emprego para a mocidade
Millennials enmárcase dentro do convenio de colaboración entre a da Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial, dentro do marco do Programa Operativo de  Garantía Xuvenil.

Integra accións formativas deseñadas e adaptadas ás necesidades da mocidade  e das necesidades do tecido empresarial da provincia, no marco do Plan nacional de garantía xuvenil.
Esta formación permitiralles ás mozas e aos mozos mellorar a súa empregabilidade para acceder ao mercado laboral e recibir formación e asesoramento gratuíto.
Participantes no proxecto "Millennials"
As e os participantes nos programas deberán cumprir os seguintes requisitos:
  • Ter entre 16 e 30 anos (ou a idade límite que no seu momento poida establecer o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil), estar en situación de desemprego e inscritas ou inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
  • Preferentemente da provincia de Pontevedra (en calquera caso sempre deben ser da Comunidade Autónoma de Galicia)
  • Superar o proceso de selección
Ademais, estes programas estarán destinados ás mozas e mozos que, cumprindo os requisitos anteriores, desexen mellorar as súas habilidades e capacidades para incorporarse ao mercado laboral por conta allea.
As accións formativas que se van desenvolver no 2019 son as seguintes:
Máis información:


  O Ministerio de Sanidade convoca as seguintes bolsas en materia de consumo.
            4 bolsas para a formación práctica no Consello de Consumidores e Usuarios de titulados superiores en materia  de consumo.
            3 bolsas para a formación en materia de investigación e control da calidade dos produtos de consumo.
            Prazo: 3 de outubro de 2019.
            Máis información no BOE do 5 de setembro de 2019.
Bolsas en materia de consumo
Bolsas en materia de consumo
10 Set 2019
O Ministerio de Sanidade convoca as seguintes bolsas:
- 4 bolsas para a formación práctica no Consello de Consumidores e Usuarios de titulados superiores en materia  de consumo.
Requisitos: Estar en posesión de a titulación  universitaria ou grao en dereito. Finalizar os estudos con data anterior ao 2017.
Importe: 884,16 euros mensuais.
- 3 bolsas para a formación en materia de investigación e control da calidade dos produtos de consumo. A formación desenvolverase dentro do programa de traballo do Centro de Control e Investigación da Calidade.
Requisitos:  licenciatura universitaria ou grao en Ciencias Físicas, Químicas, Bioloxía, Biotecnoloxía, Enxeñería Industrial e en calquera outra ciencia experimental ou ensino técnico superior relacionada coas tecnoloxías dos alimentos e dos produtos ou servizos de uso e consumo. Finalizar os seus estudos nos cinco anos anteriores
Prazo: 3 de outubro de 2019
Importe: 884,16 euros mensuais.
A duración máxima da bolsa para a presente convocatoria a duración será de nove meses
Máis información no BOE do 5 de setembro de 2019



O horario de OMIX no centro sociocultural a Mercé: de 9:30 a 14 h, de luns a venres.
                                            Tel 986542663 / 673533331




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.