Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de septiembre de 2019

O CONCELLO INFORMA DO ARRANQUE E ADMITIDOS NO PLAN MADRUGA 19-20


O Concello de Cambados ven de informar que todas as persoas solicitantes do PLAN MADRUGA “Os primerios do cole” 2019-2020  foron admitidas.
A prestación do servizo será no seguinte horario:
  •  EEI da Pastora de 07:45 a 09:15 horas.
  •  CEP Antonio Magariños Pastoriza de 07:45 a 09:00 horas.
  • CEIP San Tomé de 07:45 a 09:00 horas.
  • CEIP Enrique Barreiro Piñeiro de 07:45 a 09:15 horas.
  • CEIP de Corvillón de 07:45 a 09:00 horas.
  • CEIP de Castrelo de 07:45 a 09:10 horas.
O Plan Madruga "Os primeiros do cole" iniciarase xa desde o primeiro día de colexio, o 11 de setembro co comezo do curso escolar e desenvolverase durante todo o curso lectivo. Realizarase en colaboración coas direccións de cada centro educativo no que se acade un mínimo de 10 nen@s. Terá un horario de inicio de 7:45 horas ata o comezo das clases. Durante este tempo, os monitores recibirán aos nen@s e realizarán actividades e xogos. A utilización deste servizo terá un custo para o/a usuario/a de 4 ao mes.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.