Iván Alonso e Jaime Sobrado, do Club de Piragüismo Olívico, impuxéronse con claridade na categoría de K2 sénior masculino no Trofeo Concello de Vigo de Piragüismo, que abría a Semana Abanca 2019 e que se celebrou este sábado no magnífico campo de regatas da ETEA, ao pé do lendario estreito de Rande. En xogo amén do Aberto vigués ao que se quere situar nun lugar referente do piragüismo español de kaiak de mar, disputouse o Campionato Galego-Trofeo Xunta de Galicia. En competición varios centos de padeeiros, maioritariamente galegos, que participaron en probas desde os 3.000 metros dos infantís, ata os 10.000 dos maiores, con ventos en momentos por encima dos 25 nós... e permanentemente de 15 a 20.
Os xuíces, con este duro panorama, optaban por montar o campo de regatas con saída na ETEA, moi preto da península da Guía na ría Vigo, con varias viradas en balizas e chegar ao Puente de Rande, para retornar á liña de chegada.
Os máis rápidos foron Iván Alonso e Jaime Sobrado, cun excelente crono de 39:29. Tras eles alcanzaban a meta Díaz e Liñallo tamén do Olívico que lograban a prata. O bronce foi para Iglesias e Chapela do Piragüismo Aldán.

Estes foron os vencedores das respectivas categorías en piragüismo:
TROFEO CONCELLO DE VIGO
Campeonato Gallego-Xunta de Galicia
KAYAK DE MAR-CUADRO DE HONOR
Mulleres Veteranas-A K1
Eva María Rodríguez (CCMDC Breogán de O Grove)
Mulleres Veteranas-B K1
Ana Belén Calvo (CM Ría de Aldán-Hermanos Gandón)
Mulleres Veteranas K2
Alicia Romaní y Simona Malkovslla (SD As Xubias-A Coruña)
Mulleres Seniors K2
Verónica Carrera y Begoña Fernández (CP Olívico de Vigo)
Mulleres Seniors K1
María del Palacio (CP Olívico de Vigo)
Mixto Seniors K2
Rosa María Barros y Alejandro Barros (CN Cobres)
Xuvenil Masculino K1
Francisco Gómez (SD As Xubias-A Coruña)
Xuvenil Masculino K2
José María Villaverde y Anxo López (CP Cambados)
Senior Masculino K1 Tradicional
David Bemposta (CP Cambados)
Senior Masculino K1
Pavlik Matous (CN As Xubias-A Coruña)
Senior Masculino K2
Iván Alonso y Jaime Manuel Sobrado (CP Olívico de Vigo)
Senior Masculino OC1
Jesús Pérez (CP Aldán)
Veterano Masculino-A K1
Fernando Estevez (CP Cambados)
Veterano Masculino-B K1
Humberto Fernández (Kayak Ría de Muros de Noia)
Veterano Masculino K1 Tradicional
Manuel González (CP Rianxo)
Veterano Masculino K2
Rodrigo Tiebo y Roberto Dacosta (CM Ría de Aldán-Hermanos Galdón)
Xuvenil Femenino
Clara Torres (CP Cambados)
CAMPIÓNS GALEGOS DE KAIAK DE MAR
O club cambadés proclamouse campión da liga Galega de Kaiak de Mar. Na competición que se celebrou en Vigo, por parte do Club Piragüismo Olívico obtiveron un 1° posto na liga Masculina, un 2° posto na liga Feminina e un 5° posto na liga Mixta.
O pasado sábado celebrouse en Vigo o Campionato Galego de Kaiak de Mar no que participaron 16 equipos e máis de 150 deportistas. Esta competición, ademais denominábase Trofeo Concello de Vigo e abría a Semana Abanca 2019 que se celebraba no magnífico campo de regatas da ETEA. A clasificación xeral do trofeo tivo como gañador ao Club Piragüismo Cambados (1897 puntos), mentres que a segunda posición sería para o Club Piragüismo Olívico (1580 puntos) e o terceiro posto levoulla o Club Kaiak Vigo (1181 puntos) O equipo de cambadés repetiría triunfo na xeral masculina, seguido polo Piragüismo Olívico, terceiro foi o Club de Mar Ría de Aldán. A clasificación feminina o vencedor foi o Piragüismo Olívico, o segundo posto foi para Piragüismo Cambados e terceiro Piragüismo Illa de Arousa. Por último o Cabanas KDM fíxose co triunfo na clasificación Mixta, por diante de Kaiak Vigo e Náutico Cobres. Ademais, tivo lugar o campionato galego para a categoría infantil no que o título de campión levouno o Kaiak Vigo, o segundo posto era para o Deportnautic Arousa e o terceiro para Piragüismo Narón. Unha vez disputas todas as competicións da liga galega de kaiak de mar, o Piragüismo Cambados ocupa a primeira posición na táboa clasificatoria de liga masculina con 347 puntos, Piragüismo Olívico con 338 puntos é segundo e terceiro o Ría de Aldán con 313 puntos. Pola súa banda o Piragüismo Olívico é o primeiro clasificado da liga feminina con 342 puntos, por diante de Piragüismo Cambados con 333 e Kaiak Vigo con 325 puntos. Para finalizar, o Club Kaiak Vigo proclámase vencedor na nova modalidade mixta, o segundo e terceiro lugar levouno o Cabanas KDM e os Náutico Cobres.
Fotos- Piraguismo Cambados
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.