Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de septiembre de 2019

OS CONCELLOS SOCIALISTAS DO SALNÉS PERSÓNANSE NO CONTENCIOSO PARA "DESBLOQUEAR" A MANCOMUNIDADE

Cinco municipios da Mancomunidade do Salnés decidiron persoarse no contencioso administrativo no que se apoia Gonzalo Durán presidente en funcións do órgano supramunicipa, para impedir a constitución do organismo que pasaría a estar presidido polo PSOE.
Os cinco están presididos polos Socialistas do Salnés, Vilagarcía, Cambados, O Grove, A Illa e Meis actuarán como parte na causa do recurso interposto por un particular e pedirán a anulación das medidas cautelares solicitadas, para evitar a parálise da Mancomunidade durante tan largo período.
Os cinco concellos fixeron efectiva esta semana os trámites para persoarse na causa, tras consultar cos servicios xurídicos de cada un deses concellos ao considerar que a lei avala a votación secreta da elección dos representantes do Concello de Meaño na Mancomunidade.
A resolución do recurso tardará aínda moitos meses, e os concellos socialistas tentarán a anulación das medidas cautelares para permitir a constitución do novo Pleno da Mancomunidade.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.