Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de agosto de 2019

NOVO TRIUNFO DO PIRAGUISMO CAMBADOS


A vitoria na categoría feminina foi para o Club Piragüismo Olívico, pola contra o Piragüismo Cambados foi o vencedor da categoría masculina na proba celebrada onte na praia de Cabanas. O pasado domingo na praia da Madalena no concello de Cabanas tiña lugar a cuarta proba da liga Galega de Kaiak de Mar, na que se reuniron dezanove equipos galegos. O Club Piragüismo Cambados facíase co triunfo na xeral masculina da proba ao sumar 975 puntos, por diante do Club Piragüismo Olívico que alcanzou a cifra de 509 puntos mentres que a terceira posición levoulla o Club Cabanas KDM con 490 puntos. Polo que respecta á clasificación xeral feminina, a vitoria final sería para o Piragüismo Olívico con 408 puntos, o segundo lugar ocupábao o Club Kaiak Vigo con 258 puntos, mentres que a terceira posición era para o Piragüismo Cambados con 256 puntos. Por último o primeiro lugar na modalidade mixta foi para o Kaiak Vigo seguido por Cababas KDM e Ría de Aldán. A nivel individual a vitoria en K1 sénior sprinter foi para Adrián Carpente do Náutico Cambre, María do Palacio do Piragüismo Olívico foi a primeira en muller sénior.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.