A Xunta informou hoxe sobre a concesión de dous novos obradoiros de garantía xuvenil para a comarca do Salnés, un en Vilagarcía de Arousa e outro en Cambados que formarán a un total de 32 menores de 30 anos.
Este tipo de programas mixtos de formación e emprego se centran na realización de obras ou prestación de servizos de interese xeral e social que posibilitan un traballo para os menores de 30 anos que, xunto coa formación profesional para o emprego, procura a cualificación profesional e favorece a posterior inserción laboral das persoas desempregadas que o realicen. Ademais, esta formación impulsa tamén o emprendemento, xa que os beneficiarios recibirán formación específica que lles permitirá iniciar os seus propios proxectos.
Na provincia de Pontevedra acaban de ser aprobados seis obradoiros de garantía xuvenil, dous dos cales desenvolveranse nestes concellos do Salnés.
Cambados desenvolverá un obradoiro, “Cambados Emprededor”, centrado en dúas áreas, unha dedicada a montaxe e mantemento de sistemas microinformáticos e outra á programación de actividades culturais para o outono-inverno. Cada un destes cursos contará con 8 alumnos, aos que hai que sumar un director, dous docentes, un titor e un administrativo.

No caso do concello de Vilagarcía de Arousa, Labora Xove 2019, “centrarase no eido do socorrismo en espazos acuáticos e promoción turística local e información ao visitante”. Os 16 alumnos serán menores de 30 anos e formaranse durante 6 meses.
Oito destes alumnos levarán a cabo accións para promover o turismo en Vilagarcía, así como poñer en valor os seus recursos naturais e patrimoniais. Os outros oito alumnos terán como obxectivo da súa formación e mellorar a seguridade nas actividades acuáticas, potenciar a actividade deportiva como recurso para a mellora da saúde e da calidade de vida da cidadanía.
Ambos obradoiros, o de Vilagarcía e o de Cambados, comezarán a finais de setembro e terán unha duración de seis meses. A Xunta, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, aportará en total, para ambas iniciativas 360.042 euros.
Este tipo de iniciativas, centradas nos menores de 30 anos, teñen “un obxectivo claro: dar formación a persoas desempregadas de cara a que logren reinsertarse laboralmente, especialmente tendo en conta que estamos a falar dun obradoiro dirixido aos nosos mozos e mozas, os que, na actualidade, están tendo máis problemas á hora de atopar o seu primeiro emprego”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.