O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, participou hoxe en Cambados na clausura do obradoiro de emprego Ruta Marítima Camiño de Santiago, no que 20 persoas sen emprego, ao tempo que accederon a un traballo durante nove meses, recibiron cualificación en carpintería do moble e xardinería forestal.
O 90% dos participantes, cun perfil medio de idade de 42 anos, aprobou os certificados de profesionalidade impartidos en traballos de carpintería e moble, aplicación de vernices e lacas en elementos de carpintería e moble, actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería e en conservación e mellora de montes. Ademais, recibiron formación complementaria en informática, sensibilidade medioambiental, técnicas de busca de emprego e creación de empresas, formación en igualdade e en prevención de riscos laborais.
Os alumnos do obradoiro, á vez que se formaron, realizaron o acondicionamento e mellora das rutas marítimas do Camiño de Santiago, ao seu paso por Cambados, de cara ao vindeiro Ano Santo 2021 e recuperaron zonas verdes do casco urbano.
Casal sinalou que os obradoiros de emprego ofrecen unha formación dual, flexible e á carta, o que contribuirá a contar cunha Galicia máis preparada. Ao respecto, explicou que o programa combina formación e emprego e que ao ser dual os alumnos, a partir de agora, teñen a posibilidade de traballar, como mínimo, tres meses máis en empresas da contorna na especialidade na que se cualificaron.
O director xeral resaltou, así mesmo, a necesidade de ofrecer unha formación continua que garanta un acceso máis favorable ao mercado laboral, lembrando que a maior formación, máis posibilidades existen de competir nun mercado que cada vez esixe unha preparación máis versátil e comprometida co cambio tecnolóxico.
Casal, así mesmo, agradeceu ao Concello de Cambados a súa implicación destacando a importancia da colaboración entre administracións para acadar unha Galicia cada vez mellor formada que sexa capaz de seguir creando emprego de calidade.Chama a atención a ausencia do Delegado da Xunta Cores Tourís habitual de estes actos e que prefireu ir esta mañá a clausura do obradoiro Vista Real IV no que participaron un total de 20 veciños de Vilanova de Arousa, .
Pola súa parte a alcaldesa e o tenente alcalde, Fátima Abal e Tino Cordal destacaron o traballo realizado polo Obradoiro nos módulos de Xardinería forestal e Carpintería do moble:
-Melloras dos xardíns e zonas verdes no casco urbano e centros socioculturais do rural (axardinado e mantemento dos espazos verdes, plantación de planta, podas, abonados, desbroces, etc).
-Acondicionamento da senda fluvial na desembocadura Rio Umia (colocación de vallados, pasarelas de madeira elevados, carteis informativos, desbroces, recollida de lixo, etc).
-Fabricación de mobiliario urbano (30 papeleiras, 6 mesas, 6 xardineiras, 6 carteis informativos, 6 vitrinas expositores acristaladas, varias estanterías, etc.).
-Limpeza e mantemento Monte da Pastora para protección de incendios (limpeza de zonas peonís, podas selectivas, desbroces, eliminación de vexetación invasora, etc.).
-Acondicionamento e sinalización de Rutas Xacobeas (melloras das sinalizacións e carteis de sinalización, outros).
-Reparación e mantemento de parques infantís (instalación e reparación de xogos nos parques infantís públicos).
-Fabricación de mobiliario de interior (estanterías e mobles modulares para centros públicos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.