O noveno Túnel do Viño, organizado polo Consello Regulador, mantense como un dos pratos fortes da LXVII Festa do Viño Albariño D.O. Rías Baixas en Cambados. Numerosos amantes do viño, concretamente 510 persoas, que se achegaron entre o xoves 1 de agosto e o domingo 4 de agosto, ao Salón de Congresos e Exposicións José Peña para degustar algunhas das máis de 150 marcas de 60 adegas expostas.
A directora do Departamento de Marketing, Eva Mínguez, amosouse satisfeita pola resposta do público: “estamos contentos coa respuesta do público pois pasaron máis de medio milleiro de persoas durante os catro días que o túnel abriu as súas portas”.
E acabada a Festa do Albariño estamos máis preto da vendima que este ano adiantarase unhas semanas.
O Órgano de Control e Certificación da Denominación de Orixe Rías Baixas presentoulle ao Pleno do Consello Regulador o Informe de Estimación de Colleita 2019. Este documento, elaborado en base aos datos estimados polos técnicos de campo das empresas durante a primeira quincena de xullo, explica que neste momento o viñedo atópase nunha situación heteroxénea. Este feito vén motivado polas condicións meteorolóxicas adversas no momento da floración e da purga, o cal dificulta a estimación da colleita de 2019.
O informe, que foi analizado polos vogais do pleno, estima unha recollida en 2019 de “36,6 millóns de quilogramos de uva, un 5,2% menos que a colleita 2018”. Con ese volume de produción poderían vinificarse máis de 24,5 millóns de litros de viño.
Para redactar este documento, o Departamento Técnico do Consello Regulador supervisou o 45,9% das 4.045 hectáreas de superficie produtiva da denominación. A redución prevista na colleita deste ano débese, principalmente, ás condicións meteorolóxicas que incidiron nas condicións fenolóxicas de floración. Ademais, factores como o viento e a saraiba ocasionaron mermas directas nos acios e rotura de pámpanos. Os técnicos apuntan que as subzonas máis afectadas pola saraiba foron o Condado do Tea e O Rosal.
O informe do Órgano de Control e Certificación resalta que as mermas de produción son máis xeralizadas en viñedos vellos que novos e que non son reseñables os danos por pragas e enfermidades como a botrite, o mildeu e o oídio. Ademais, segundo se explica no documento, “as condicións meteorolóxicas adversas fan que os acios sexan máis pequenos”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.