Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de junio de 2019

MIRADOR DA PASTORA: OPINIÓN DO NON PACTO A TRES


De sempre foi a intención deste blog expresar a nosa opinión sobre o que acontecía en Cambados. Hoxe non pode ser menor a nosa intención. Criticarásenos pero temos asumido desde hai anos que "nos vai no cargo" recibir críticas e alabanzas, estas son sempre menos. Pero non por elo deixamos de facelo.

Onte recibíamos a triste nova de que non haberá governo tripartito en Cambados. Algo que xa intuíamos desde hai varios días.
Nun primeiro momento as declaracións de Víctor Caamaño a La Voz de Galicia deixaban clara a posibilidade de non entrar no governo local sin siquera ter falado coas outras forzas políticas participantes no posible pacto:  «Como xa anunciamos hai catro anos, e quero lembrar que fomos os únicos en facelo dende o primeiro momento, Fátima Abal vai ter o noso apoio como lista máis votada da esquerda; pero aínda non temos decidido se seguiremos ou non no goberno». Non o tiñan decidido porque non querían entrar ou porque querían máis competencias baixando o número de concelleiros e tanto PSOE, como SOMOS non ían a aceptar as peticións dos nacionalistas?

Desde o BNG filtrouse unha reunión PP-BNG na que o PP ofrecía a Caamaño ser alcalde durante dous anos e despois sería Aragunde quen o sustituíse. Esto non é chantaxe.

Tralas primeiras reunións xa se preveía que o pacto non chegaría a concretarse ou cando menos era moi difícil acadalo. De esas reunións saliron as palabras "mercadeo", "chantaxe" ou “reparto de botín” desde o BNG. Así como acusar a SOMOS de chantaxear a Fátima Abal cando ao "pacto" ao que chegaron estas dúas forzas era para a investidura e que o BNG non quixo firmar porque non lle dou a gana. O que se propoñía neste pacto era o reparto das áreas de Cambados Pode, toda vez que non entraría no governo e que os tres grupos mantiveran as que levaran na lexislatura pasada. Nin se chegara ao punto que pedía Somos nin ao que quería o PSOE. Un térmo medio como debe ser o resultado dunhas negociacións.

Pero uns días despois sae na Cadena COPE o líder nacionalista asegurando que " non temos a intención de formar governo a menos que se acepten as nosas condicións". Esto non é nin "chantaxe", nin "mercadeo".

"O BNG manterá a mesma cordura e responsabilidade mostrada no pleno de hoxe (pleno de elección de Fátima Abal como alcaldesa), agardando que as negociacións empecen en serio; pois como manifestamos na reunión celebrada onte, non imos participar nin en repartos de botín nin en escenificacións de supostos acordos que non sumen 9 votos. E o contido da reunión celebrada no día de onte, no que atinxe a PSOE e Somos Cambados non deixou de ser unha simple escenificación e intento de reparto de botín. E como lles dixemos reiteradas veces no transcurso da mesma, O BNG onte non adquiriu ningún compromiso, pois un goberno serio e responsábel empeza a construírse elaborando un programa."

Pois o BNG non pactou sin sequera se chegou a aprobar un programa para governo. Entre os puntos figuraba a separación igrexa e concello. Polo que esixían que Fátima Abal non asistira a misas, procesións ou actos relixiosos. Quen é o Bloque para prohibir a ninguén ir a donde lle plazca? Foi Fátima Abal co bastón de mando, ou algúnha prenda que a identificara como alcaldesa a eses actos na lexislatura pasada? Nin siquera ía coa banda ou medalla da comisión ou confraría. Como Fátima Abal pode ir a donde queira, pero ao ser a alcaldesa invítana a ir na comitiva, i é de maleducados non aceptar unha invitación. Acaso o Departamento de Cultura non subvencionou festas de carácter relixioso, non encarga o pano que se coloca no balcón do consistorio cambadés?. Esas non son vinculacións relixiosas?

O punto máis destacado da discordia era que o Bloque xestionara as obras dos seus departamentos. Como queira que eses departamentos son os que máis obras xenera quedaría sin contido a Concellaría de Obras polo que a parte de manter as áreas anteriores asumiría máis a pesares do retroceso electoral. A desculpa de que ese fora un problema recurrente co anterior edil do Depatamento, J.R. Abal, e non querían que se repetise a solución era fácil. Empezar o mandato e comprobar si pasado o tempo as cousas eran mellor ou igual que antes e de aí, seguir co pacto ou rachalo.

E por último o anterior equipo de governo cesou o día 14 deste mes de xuño e non se sabe quen tocará o sábado do Albariño en Fefiñáns. Falouse dun cantante latino e despois dun grupo indie e que sería de pago. A estas horas non hai nin un nin outro a pesares de que foi "anunciado" en prensa o día 6.
Laiábase hai catro anos que o PP deixara festa sen organizar, pois xa vemos como a deixa o BNG este ano. Porque non é so o concerto, é todo o que envolve á Festa que nestes intres está moi retrasada.

Agora, é o voso turno de opinión.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.