Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

28 de junio de 2019

O BNG COMUNICA A SÚA POSTURA TRALA ROTURA DE NEGOCIACONS PARA ACADAR UN TRIPARTITO


O BNG DÁ POR ROTAS AS NEGOCIACIÓNS PARA ENTRAR
NO GOBERNO DE CAMBADOS
Logo do breve amago de reunión desta tarde, o BNG dá por rotas as negociacións para conformar un goberno tripartito na vila de Cambados.
Ante esta situación, o BNG manifesta as seguintes valoracións:
- Percibimos unha total falta de vontade de conformar un goberno a tres, tanto por parte do PSOE como de Somos. O que se pretende é que deamos o visto e prace a un preacordo a dúas bandas, elaborado a unhas horas da investidura e baixo a chantaxe da incerteza no pleno inminente.

- Parécenos sintomático o propio feito da ausencia do número 2 do PSOE por considerar “innegociable” a competencia sobre as obras de mantemento de colexios, instalacións deportivas e casas de cultura, ademais das obras de saneamento, que dende o BNG reclamamos para poder manter unha autonomía sobre as áreas. Cómpre sinalar que estes aspectos en cuestión viñan sendo compartidos con Cambados Pode no pasado mandato, e é precisamente polas friccións asociadas a ese modelo polo que o BNG reclama plena competencia sobre elas para chegar a un acordo no presente período.
- O BNG manifestou sempre a súa disposición a evitar o retorno do PP á alcaldía, e dende o primeiro momento expuxemos o noso apoio a Fátima Abal de cara ao pleno de investidura, sen ningún tipo de condicións previas. A nosa entrada nun eventual goberno tripartito debería, iso si, ser negociada en base a unha serie de acordos programáticos e de goberno, tendo en conta ademais a necesidade de sumar nove votos en pleno como único modo de garantir unha maioría estable.
- Non houbo posibilidade de acordo no reparto de áreas e competencias. Aspectos tales como organización do goberno e liberacións non chegaron sequera a ser tratados, debido ás importantes diferenzas programáticas e competenciais.
- Dende o primeiro momento comprobamos a dificultade de elaborar un programa común, mesmo ata o punto de atopar reticencias en cuestións de tipo simbólico xa aprobadas teoricamente no pacto anterior, como é a separación formal entre Concello e actos relixiosos. Algunhas propostas programáticas de importancia presentadas son inasumibles para a nosa formación.
- Nas próximas horas e días reuniranse os órganos locais, incluíndo a Asemblea Local, quen decidirá finalmente a nosa postura.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.