A colisión entre un tractor e un turismo en Cambados na tarde de hoxe rematou co condutor do vehículo agrícola trasladado en helicóptero ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao redor das 17:30 horas tras recibir a chamada dunha persoa particular. No seu relato, o alertante solicitaba asistencia para o condutor do tractor, que tras chocar contra un coche na parroquia pontevedresa de San Adrián de Vilariño (PO-9003), preto do Polígono Industrial, quedou ferido.
De inmediato, os xestores do CIAE puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros do Salnés, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e tamén dos membros de Protección Civil da localidade.
Debido á importancia do accidente, persoal sanitario confirmou a mobilización da aeronave, que despois de tomar terra no lugar dos feitos, trasladou o ferido ata o centro hospitalario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.